sábado, 2 de mayo de 2015

A Virxe dos Milagres en Ourense


¡Qué gozo tan grande poder recibir na nosa cidade de Ourense, nas nosas rúas e na nosa Catedral, a Excelsa Señora dos Milagres!  Moitas grazas, P. Reitor do Santuario do Monte Medo por permitirnos nesta tarde do mes de maio a alegría de encontrarnos ca Nosa Señora, a Nai de Deus e a Nosa Nai, a Virxe María.

 
Sae a procesión do patio do bispado
¡Virxe bendita dos Milagres!, abrímosche as portas do noso corazón e da nosa cidade para recibir o prezado don da alegría do Evanxeo que ti nos traes, por axudarnos a vivilo e tamén para dalo a coñecer, seguindo o teu exemplo. 








“Virxe e Nai María, ti que, movida polo Espírito, acolliches ao Verbo da vida na profundidade da túa humilde fe, totalmente entregada ao Eterno, axúdanos a dicir o noso « si » ante a urxencia, máis imperiosa que nunca, de facer resoar a Boa Noticia de Xesús” “Ourense en misión con María” é o lema do noso compromiso de unha “Igrexa en saída”. 
 
A Cruz procesional e a Real Banda de Gaitas por Lamas Carvajal









“Ti, chea da presenza de Cristo, levaches a alegría a Xoán Bautista, facéndoo exultar no seo da súa nai. Ti, estremecida de gozo, cantaches as marabillas do Señor. Ti, que estiveches plantada ante a cruz cunha fe inquebrantable e recibiches o alegre consolo da resurrección, recolliches os discípulos na espera do Espírito para que nacese a Igrexa evanxelizadora. Consíguenos agora un novo ardor de resucitados para levar a todos o Evanxeo da vida que vence á morte”.  



Pola rúa Juan de Austria camiño da Catedral

Nós tamén queremos ser unha Igrexa en saída, tal como o Papa Francisco no la debuxa: non encollida, non con medo ó qué dirán, non apoucada polos tempos que corren, ou refuxiándose en que “sempre foi así”. Dános a santa audacia de buscar novos camiños para que chegue a todos o don da beleza que non se apaga”.
 
Solemne cocnelebración 






“Ti, Virxe da escoita e da contemplación, nai do amor, esposa das vodas eternas, intercede pola Igrexa, da cal es icono perfecto, para que ela nunca se encerre nin se deteña na súa paixón por instaurar o Reino. Estrela da nova evanxelización, axúdanos a resplandecer no testemuño da comuñón, do servizo, da fe ardente e xenerosa, da xustiza e do amor aos pobres, para que a alegría do Evanxeo chegue ata os confíns da terra e ningunha periferia se prive da súa luz”. 
Solemne concelebración




Virxe dos Milagres, na nosa cidade temos moito polo que chorar e moito polo que sorrir.... Temos unha sociedade enferma social, moral e espiritualmente falando. Pero, Nai ben querida do ceo, temos conciencia moi clara de todo canto somos e necesitamos para anovar a nosa Igrexa en Ourense.
   

 
Homilía programática do Sr. Bispo






“Acompaña a Igrexa en Ourense no camiño da misión”. A fe en Ourense enraízase na devoción a Virxe María. A fe en Ourense transmítese pola devoción a Virxe María. A nova evanxelización das nosas terras de Ourense debe enmarcarse sempre na proximidade da nosa Bendita Nai do ceo e pola súas intercesión chegará sempre ó bo fin.  Virxe dos Milagres, “acompaña a Igrexa en Ourense no camiño da misión”.




Por María a Xesús na Sagrada Comuñón



Nai do Evanxeo vivente, manancial de alegría para os pequenos, prega por nós.  Amén. Aleluya”.




Resumo de unha xornada mariana: 
comprían dúas ou tres catedrales maís para acoller a os miles de devotos da Virxe dos Milagres. A.M.D.G.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.