domingo, 29 de diciembre de 2019

Solemnidad de la Sagrada Familia



Festa da Sagrada Familia


Moi posiblemente, cando algúns lean isto, pensarán que estamos trasnoitados e fora do contexto progresista que se respira hoxe. Porque afirmar con san Paulo que temos que “revestirnos de sentimentos de misericordia, de bondade, de humildade, de sinxeleza, de tolerancia” e que temos que “aturarnos uns ós outros e perdoarnos coma o Señor nos perdoou” é cousa de parvos segundo a progresía.


Afirmar co papa Francisco que a familia é a escola e o camiño do amor e, por iso, da santidade;  dicir que a familia é  unha chamada a amar de xeito pleno, tal coma Cristo amou a súa Igrexa, sen facer referencia a liberdade e aos dereitos dos membros da parella non soa ben nunha sociedade hipersensibilizada coa autoestima e a propia autonomía. Pero, gracias a Deus, temos moitos exemplos de amor e de xenerosidade nas nosas mesmas familias. Hoxe a Igrexa recórdanos isto na festa da Sagrada Familia,

A nosas nais tiñan moitas imperfeccións, pero tiñan moita máis xenerosidade de entrega ao Señor e aos seus familiares. Os "pais e as nais, que crían aos fillos con amor e que traballan para levar o pan ás súas casas son sinais da santidade.  En moitas familias encontramos aos "santos das portas veciñas" cos que nos cruzamos na vida diaria. Pero o maior modelo a imitar témolo na sagrada familia, na "santa comunidade formada por Xesús, María e Xosé", que reflicten o amor e a beleza da comuñón trinitaria"
A vida familiar, coa súa incrible riqueza e variedade, é o lugar onde temos que vivir a santidade á que somos chamados. Non podemos soñar con un camiño de santidade fora das esixencias e responsabilidades diarias da vida do fogar. O amor matrimonial e familiar vai mesturado coa complicada rede de obrigas, intereses e condicións que proveñen do mundo profesional, económico, educativo e cultural. E non esquezamos  que “o belén, nun ambiente de ceo estrelado no medio da escuridade e do silencio da noite, ilumina o noso mundo e da resposta as nosas inquedanzas”. ¡Feliz aninovo para todos!

sábado, 28 de diciembre de 2019

Coral de Ruada. Concerto do Nadal



Concerto de Nadal da Coral de Ruada

na S. I. Catedral de San Martiño

Día 28 de decembro de 2019


A Coral de Ruada, rematando ca celebración do seu centenario con espléndidos concertos en distintos e variados escenarios, polas  prazas e basílicas máis importantes, incluída a do Vaticano, prosigue co seu concerto anual do Nadal na Catedral de Ourense e, como mandan os cánones, dentro da temática musical propia do tempo: villancicos, panxoliñas, cantos de tenrura e para durmir ao Neno. "Dicir Nadal na Catedral de Ournense é dicir Coral de Ruada" (Obispo Lemos)

O papa Francisco (que neste ano tivo ocasión de recibir e saudar a Coral de Ruada), dinos nunha preciosa carta apostólica sobre os beléns (Admirabile Signum): "que no medio da escuridade do noso mundo, luce a luz do Portal para abrirnos camiños e sentido as nosas vidas". "¡Cantas veces a noite envolve as nosas vidas! Ben, mesmo neses momentos, Deus non nos deixa sós, senón que está presente para responder ás preguntas decisivas sobre o sentido da nosa existencia: Quen son eu? De onde veño? Por que nacín neste momento? Por que sufro? Por que morrerei? Para responder a estas preguntas, Deus converteuse en home. A súa proximidade trae luz onde hai escuridade e ilumina aos que atravesan a escuridade do sufrimento (cf. Lc 1,79)".
Tamén nos recorda que os montes e os vales, os ríos e as fontes de cada belén, os pastores cas súas  ovellas e vacas, convídannos a respectar este noso mundo, o noso planeta, pois é regalo de Deus e non temos outro.

¡Feliz concerto, boa audición, e cantemos "Adeste Fideles..."! 

Galería de Fotos:










miércoles, 25 de diciembre de 2019

Natividad de Nuestro Señor Jesucristo


SOLEMNIDAD DE LA NATIVIDAD DEL SEÑOR

DÍA 25 DE DICIEMBRE


PREFACIO DE NAVIDAD III: EL INTERCAMBIO EN LA ENCARNACIÓN DEL VERBO


“En verdad es justo y necesario, es nuestro deber y salvación darte gracias siempre y en todo lugar, Señor, Padre santo, Dios todopoderoso y eterno por Cristo, Señor nuestro.


Por él hoy resplandece ante el mundo el maravilloso intercambio de nuestra salvación; pues al revestirse tu Hijo de nuestra frágil condición no solamente dignificó nuestra naturaleza para siempre, sino que por esta unión admirable nos hizo partícipes de su eternidad”.


Galería de Fotos:


lunes, 23 de diciembre de 2019

O Cabildo felicita o Natal ao Sr. Obispo


Felicitación polo Natal

O Excmo. Cabildo da S. I. Catedral de Ourense felicita ao Sr. Bispo, D. Leonardo Lemos Montanet, nas vésperas do Natalicio do Señor.

“Mira que vou chegar axiña e traio comígo a miña paga, para lle pagar a cada un conforme o seu traballo....¡Amén! ¡Ven, Señor, Xesús! ¡A gracia do Señor Xesús vos acompañe a todos! (Apc. 22, 12. 21)

Sr. Bispo, o Excmo. Cabildo da da S. I Catedral de Ourense

e o seu Deán – Presidente deséxanlle un  ¡Feliz Natal!