Domingo de Resurrección
¡Felices Pascuas! ¡Cristo
resucitou!
A nosa fe na resurrección do Señor vennos da Igrexa, que durante
séculos foinos transmitindo a testemuña
dos apóstolos, que viron a sepultura valeira, creron no Señor e comeron na
mesma mesa co resucitado.
O domingo de Pascua de Resurrección é solemnidade de solemnidades na
Igrexa. Noutros anos estariamos a falar da festa das festas dos cristiáns. Iso
explica que non chegue un só domingo para os festexos, Fan falta cincuenta días
da celebración da Pascua. Como dicía san Atanasio: “os cincuenta días que van
dende o domingo de Pascua ata o domingo de Pentecostes ten que ser celebrados
con alegría e exultación como si se tratase de un só e único día festivo, aínda
máis, coma un gran domingo”.
Pero os mesmos cincuenta días son pousos e por iso en tódolos domingos do
ano celebramos a festa da resurrección de Cristo sobre o poder da morte e do
pecado. Ca resurrección do Señor vense cumpridas as promesas de un ceo novo e
de unha terra nova, onda no haberá choros nin bagoas; loito nin tristura,
escuridade nin tebras. Será o día do Señor, que supera todo mal.
Nós, nestes días, abatidos polo peso do mal no mundo, pedímoslle ao Señor
que ilumine ás nosas autoridades e a o persoal do mundo da sabedoría para que
encontren remedio oportuno a o noso sufrimento. Esperamos gozar de esa nova
terra, en compañía dos nosos amigos e coñecidos. E na mentres, a pesar de todo,
queremos berrar moi alto: ¡Felices Pascuas para todos, Cristo resucitou!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.