Novena a o Santo
Cristo de Ourense
Do 25 de abril a o 3
de maio do ano 2020
Renovación ou nova
inscripción a Cofradía do Santo Cristo a o longo de todo o ano
Radio Ourense,
Cadena Ser, transmitirá a novena do Santo Cristo ás 13.00 hora; nos domingos o
Sr. Bispo celebrará a misa de doce, que se transmitirá por televisión, incluido
o día 3 de maio, festa do Santo Cristo de Ourense. No Blog da Catedral de
Ourense e no Sitio Web Oficial da Catedral colgarase
a novena para cada día.
A pandemia que nos tocou en sorte neste ano impídenos celebrar a novena a o
Santo Crsito de Ourense como era costume dende tempos inmemoriais. Iniciábase o
día 25 de abril con toda solemnidade e rematábase o día 3 de maio, día da festa
do Santo Crsito de Ourense, que, en outros tempos, coincidía ca festa dos maios
ou das cruces.
O tempo que nos toca vivir é o que é, nen millor nen peor. Por iso, hai que
acomodarse a o dictado do que nos ven dado. Por iso, a Catedral vai estar
fechada a o culto, como é preceptivo, pero procuraremos utilizar a radio e máis
as redes sociais para achegarnos, na medida do posible, a tódolos aurensáns
devotos do Santo Crsito, que queiran unirse en oración a o longo da novena.
O Sr. Bispo presidirá a misa dos domingos, que se transmitirá por televisión local, ás doce ás horas. Radio Ourense, cadena SER, as
13.00 horas, transmitirá a novena para cada un dos días. A o mesmo tempo, dende
a Catedral, colgarase no Blog Catedral de Ourense e no Sitio Web Oficial da
Catedral a novena de cada día para que poidan aceder a ela cantos queiran.
O día 3 de maio, festa do Santo Crsito de Ourense o Sr. Bispo celebrará a
misa de doce. A novidade de este ano consite en que nas nosas casas cada
familia procure ter, a o longo do día, un momento de oración a o Santo Cristo
de Ourense. Temos moito que agradecerlle ao Bendito Cristo de Ourense (persoal
sanitario, persoal da limpeza e desinfección, persoal que nos suministra o pan
de cada día, as forzas armadas, a policía, o mundo das comunicacións
sociais...), temos moito que pedirlle neste ano de tristura por tantos
fallecidos, por tantos contaxiados, por tantas persoas en soidade, por tantas
familias que afrontaron con valentía e coraxe a despedida dos seus seres máis
queridos... E, a o mesmo tempo que
facemos isto, estamos transmitindo a os nosos fillos e netos a tradición do
amor dos ourensanos a o noso Santo Cristo.
Non esquezamos nunca a súplica máis querida da novena: ¡Pola túa paixón e
morte de Cruz, bendito Cristo de Ourense, ampáranos compasivo na vida e máis na morte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.