Pascua
de resurrección
“Este é o día en que actuou o Señor, a solemnidade das solemnidades, a nosa
Pascua: a Resurrección do Noso Salvador Xesucristo segundo a carne” Esta é a
nosa fe: cremos que Cristo resucitou de entre os mortos porque aceptamos a
testemuña dos apóstolos, que viron o sepulcro vacuo e creron; que comeron y
beberon con El, despois da súa resurrección; testemuña que se nos transmite
pola Igrexa ao longo dos séculos. Todo isto sucedeu o primeiro día da semana e,
a partir daquela, convértese no día do Señor Resucitado (no domingo); Cristo, a
pedra que rexeitaron os arquitectos é agora é pedra angular da Igrexa. Nós,
pola fe e mailo bautismo, resucitamos con Cristo, o verdadeiro Año que quitou o
pecado do mundo, que morrendo destruíu a morte e resucitando restaurou a
vida. E por iso debemos buscar sempre os
bens do ceo, onde está Cristo sentado a dereita de Deus Pai. Felices Pascuas de resurrección para todos.
¡Aleluia!, Cristo resucitou. Aleluia! “Cristo vive e El é a máis fermosa beleza
e mocidade para o mundo”.
En Ourense, o domingo de Pascua pola mañá, celébrase coa procesión de Santa
María Nai ata as naves da catedral, onde ten lugar o encontro con Cristo
Resucitado. Logo a misa de Pascua, harmonizada pola coral do Liceo de Ourense.
Máis logo, retorno procesional de Santa María ao seu templo, acompañada polo
Excmo. Consistorio, polo Excmo. Cabido catedralicio e polo pobo de Ourense que,
con ritmos de gaita e aires de festa acompaña a súa Santa Patroa no día da
Pascua de Resurrección do Señor.
Coma sempre, xa na Praza Maior, virán os agradecementos, os saúdos e as
despedidas entre as autoridades civís e
relixiosas, contando sempre ca liberdade de expresión para que cada quen
interprete como boamente lle pareza.
Galería de Fotos:
Galería de Fotos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.