Xoves Santo na Cea do
Señor
Coa misa que se celebra nas horas
vespertinas do xoves da Semana Santa, a Igrexa comeza o triduo pascual, e
recorda a cea na que o Señor Xesús, na noite en que foi traizoado, tendo amado
ata o extremo aos seus que estaban no mundo, ofreceu a Deus Pai o seu corpo e
sangue baixo as especies de pan e de viño e déullelas aos apóstolos para que as
sumiran, mandándolles que eles e os seus sucesores no sacerdocio tamén as
ofreceran.
Toda a atención do espírito debe centrarse nos misterios que son lembrados
na misa, é dicir, a institución da Eucaristía, “tomade e comede todos del...;
tomade e bebede todos del...”, a institución da Orde sacerdotal, “Facede isto
en memoria de min” e o mandamento do amor, “amádevos uns aos outros como eu vos
teño amado”; estes tres puntos
débenselle recordar aos fieis nas monicións da celebración para que tan grandes
misterios penetren máis profundamente na súa piedade e para que os vivan mais
intensamente nos seus hábitos e na súa vida.
Coa celebración da misa na cena do Señor comezamos o sagrado triduo pascual
da paixón, morte e resurrección. Coa misa da última cea a Igrexa quere facernos ver a unidade
indisoluble da Eucaristía coa cruz, xa que a eucaristía é o sacramento do
sacrificio redentor. Por iso a morte de Xesús no Calvario é fáisenos próxima e
eficaz na celebración desta Eucaristía. Hoxe salientan o amor ea actitude de
servicio de Cristo ao entregarse voluntariamente a súa paixón por nós, que se
significa perfectamente no lavatorio dos pés. O acto máis importante da
liturxia de hoxe é participar na Misa e acercarnos a comulgar.
A procesión ao monumento e a adoración ata a media noite prolongarán na
oración contemplación o que se celebrou na santa misa. Na Catedral os oficios
da Misa da Cena do Señor son ás 17.00 horas na Catedral.
Neste día é tradición é visitar os monumentos das distintas parroquias coa
finalidade de participar nas distintas espiritualidades que afloran en cada un
deles e descubrir a beleza artística das nosas xentes a hora de confeccionar
cada ano un monumento distinto.
Galería de fotos:
Galería de fotos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.