Octavario pola
Unidade dos Cristiáns
Do 18 ao 25 de xaneiro celébrase o Octavario pola Unidade dos Cristiáns. O
Octavario recórdanos neste ano a necesidade que temos os cristiáns de unirnos para
axudar a tantos inmigrantes que saen dos seus países de orixe e que son
perseguidos pola súa fe ou polas súas ideas. Os cristiáns, que pertencemos ás
diferentes nacións da Europa ca que eles soñan, non podemos pecharnos nos nosos
egoísmos nin podemos ser un
antitestimonio para ese mundo, rexeitando a quen busca unha boa acollida que
lle permita atopar solucións para os seus problemas. No século primeiro os
habitantes de Malta “mostraron
unha humanidade pouco común” con Paulo e cos seus acompañantes no naufraxio
(Feit. 28, 2).
Aos cristiáns que vivimos en Ourense, sexa cales sexan as siglas da nosa
pertenza, isto da inmigración no Mediterráneo quedanos algo lonxe. Pero, si en
Ourense non estamos unidos, teremos que preguntarnos cal podería ser o motivo que nos levara a vencellarnos para ser
testemuño de unión e boa acollida para aqueles que máilo precisan. Non estaría
de máis que nos xuntaramos e falaramos uns cos outros para coñecernos, para
respectarnos, para perdoarnos, para querernos e para ver que, en realidade, é
máis o que nos une que o que nos serpara. Teremos que ir dando pasos nun
ambietne de respecto e estima. Non esquezamos que “o camiño faise ó andar”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.