Fin de unha época na
Catedral de Ourense
Fai para corenta anos que fun destinado polo Sr. Bispo D. Ángel Temiño
Sainz para a S. I. Catedral. Podo falar do de antes, do de agora e, tamén, do
que supoño vai vir despois. Constato con pena que no mes de febreiro comeza
para este templo catedralicio e sede episcopal unha nova época. Vostedes saben
que unha das misións dos Ss. Cóengos, e non a menos importante, é a de reunirse
en coro para o rezo da liturxia das hora polas mañás, con Laudes, Misa coral e
hora de terza, e polas tardes co rezo das Vésperas. Intercaladas entre esas
horas ían mesturándose historietas de chocolates, de merendas e de tramas
eclesiásticas e non tan eclesiásticas, e de xulepes... Pero pasou o tempo,
chegaron as misas polas tardes, as labores do ensino, e suprimíronse as
vésperas por mor de facilitar horarios aos cóengos implicados.
Cando eu cheguei a Catedral esta era a distribución do coro e maila obrigatoriedade do rezo coral. Pero o tempo seguiu pasando, e as mañás convertéronse no tempo máis propicio para toda clase de traballos eclesiásticos e civís, e non houbo máis remedio que suprimir Laudes, Misa de Coro e hora de terza, tódolos días da semana, exceptuados os domingos e festas de gardar. E nesta camiñamos, polo menos, uns quince anos.
Agora, como Deán da Catedral, tócame dar un paso máis, ben custoso por
certo. Despois de consultar co Sr. Bispo e cos compañeiros de Cabido suprímese
o rezo coral na Catedral tódolos domingos e festas de gardar, exceptuando as
Vixilias e os solemnes Oficios da Semana Santa. E isto, preguntaranse Vostedes,
¿a que é motivado? Moitos dos Ss. Cóengos ten ao seu cargo parroquias,
comunidades relixiosas ou o deber de moverse a distintas comunidades
parroquiais que non poden ser atendidas polos seus respectivos párrocos. Por
outra banda, o Código de Dereito Canónico dinos que para que haxa “quorum” fan
falta, a lo menos, tres cóengos. E en moitas ocasións xa non estamos nin tres
porque no lo impiden os nosos cometidos. E tamén engadiría que por dignidade na
celebración da Liturxia das Horas e por respecto a mesma na comunidade orante.
Fin de una época, documentada polas escrituras, cando menos do 1.122. Xa
existía daquelas o Cabido catedralicio que tiña por misión principal, ente
outras, o rezo da Liturxia das Horas. ¡Queira Deus que nun futuro non moi lonxe
teñan que recuperar o camiño que polo de agora imos desandando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.