Visitas Guiadas

sábado, 21 de septiembre de 2019

Apertura do Sínodo Diocesaano




Asemblea Sinodal na Santa Igrexa Catedral de Ourense




Sábado, día 21 de setembro, ás 11.00 horas.

“A Igrexa do século XXI non se pode entender a o marxe da sinodalidade. Estamos asistindo a un momento de singular importancia para a Diocese, polo que estou seguro de que participar na Asemblea Sinodal constituirá para os chamados a ilo non so un deber, se non tamén unha amable exixencia” (Monseñor Lemos Montanet, carta a os sinodais, agosto 2019).




Hoxe sábado, 21 de setembro, ás 11:00 horas na Catedral de Ourense terá lugar a Celebración de apertura da Asemblea Sinodal. O acto litúrxico comezará cunha procesión, acompañada pola Real Banda de Gaitas da Deputación, que partirá da Igrexa de Santa Eufemia encabezada pola cruz procesional e as imaxes de Santa María Nai e San Martiño, patróns da Diocese de Ourense.

A continuación situaranse os sinodais laicos e membros da Vida Consagrada, seguidos polo sacerdotes concelebrantes, tantos sinodais como outros que asistan ao oficio, e finalmente o Bispo, que presidirá a Eucaristía.



Chegados á Catedral os sinodais e os demais sacerdotes ocuparán os lugares reservados para eles, e comezará a celebración solemne de apertura da Asemblea Sinodal. No transcurso da mesma, ao finalizar a homilía, os sinodais farán solemne profesión de fe ante o Bispo da Diocese; posteriormente, ou concluír o rito de comuñón, os sinodais manifestarán publicamente o seu compromiso de cumprir os deberes correspondentes á súa misión. Ao finalizar o Bispo proclamará a apertura da Asemblea Sinodal.

  

Galería de Fotos da Procesión:






Galería de Fotos da Celebración:















Añadir leyenda










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.