Visita Pastoral
Domingo 6º Ordinario B.
Domingo 6º Ordinario B.
O domingo, ás 11,45, o Sr. Bispo subirá ao templo pola porta principal; alí será recibido polo Cabido e polas autoridades da cidade. Bicará a Cruz procesional e recibirá a auga bendita, coa que nos bendicirá a tódolos presentes. En procesión visitará a capela do Santísimo e rezará por breves momentos por tódolos seus fieis diocesanos. O Bispo é o "ministro da gracia e do sacerdocio supremo": Non esquezamos que no mércores santo, na Misa Crismal, o Sr. Bispo consagra e bendí na S. I. Catedral os Santos Óleos que se espallarán por toda a diocese para a santificación sacramental de tódolos crentes. “Chamados a ser santos, con tódolos que en calquera lugar invocan o nome de Xesús Cristo, noso Señor" (1 Cor 1,2).
Xa no
presbiterio darémoslle a ben vida o Sr. Bispo, rezaremos por el e, de seguido,
terá lugar a renovación, por catro anos, do Dean e Presidente e do Cabido e
tamén do vicepresidente. O "goberno pastoral" correspóndelle ao Sr.
Bispo. "O bispo, no exercicio do seu ministerio como pai e pastor dos seus
fieis, debe comportarse como quen serve,
sempre inspirado no exemplo do bo pastor, que non foi servido senón para servir
e entregarlle vida para as ovellas”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.