Visita Pastoral á S.
I. Catedral
Hoxe, día 10, e mañá, día 11 de febreiro, sábado e domingo, o Sr. Bispo fará a Visita Pastoral á S.I. Catedral.
O Bispo, como sucesor dos
apóstolos e na posesión da tripla misión de ensinar, santificar e gobernar ao
pobo de Deus, é o responsable de facer a Visita Pastoral a tódalas institucións
eclesiásticas; neste caso, a Catedral.
Hoxe, sábado, terá dúas reunións: unha cos voluntarios que axudan ao bo funcionamento do templo principal da diocese.
E outra co clero do Cabido catedralicio. E todo isto porque o Bispo é o "mestre da fe e o heraldo da Palabra". A el correspóndelle por dereito propio a misión do ensino. "¡Ai de min se eu non predico o Evanxeo!” (1Cor 9,16).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.