Presenza de san Martiño en toda Galiza
2 – VII - 2024
San Martiño Domese foi o evanxelizador da Galiza. Pero,
para iso, valeuse do seu paisano San Martiño de Tours. Traendo a súa memoria a
Ourense e as súas reliquias confioulle a protección da nosa terra e da nosa
evanxelización.
E para non ir máis lonxe, a ermida da Nosa Señora da
Lanzada, no cumio do seu retablo barroco, luce unha preciosa imaxe do san
Martiño de Tours.
Ao terminar a celebración da eucaristía pregunteille aos devotos de quen era aquela imaxe. E a resposta dividiuse: uns dicían que Santiago Apóstolo e outros que san Martiño.
Claro; desculpeinos. Pois os que pertencen a Archidiocese
Compostelá ten asumido que alí onde hai un cabalo branco e un cabaleiro, ese
ten que ser Santiago. Pois non é o caso. É certo que o cabalo é branco, pero o
cabaleiro rompe a súa capa co probe, nun duro inverno, nas portas da cidade de
Tréveris.
E todos contentos. Pero san Martiño de Tours loce coma
unha rosa naquela capela da Lanzada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.