Bieito XVI, o Papa da tenrura de Deus.
R.I.P.
A misa exequial na Catedral Basílica de san Martiño será o día 7, sábado, ás once trinta da mañá. A Igrexa en Ourense tamén chora na morte do papa emérito Bieito XVI.
Todas as campás de Roma e do mundo católico tocan a defunto. O 31 de decembro de 2022 morreu o Papa emérito Bieito XVI. Era o 11 de febreiro de 2013. Era un encontro cos cardeais, "un raio caeu no ceo de Roma e a dimisión do Papa foi en serio". Bieito XVI renuncia ao papado por humildade, o humilde traballador na viña do Señor, e por caridade, por amor á Igrexa. É o primeiro Papa que renuncia voluntariamente ao seu cargo á fronte da Igrexa dende que o fixera Celestino V no 1294. Un pontificado breve no tempo, pero denso en contido teolóxico, ecuménico, litúrxico e eclesial.
Co papa emérito, a sagrada Liturxia recupera a súa alma: dende a
profundidade teolóxica, o Papa promove espazos de silencio, favorece a
adoración do Santísimo Sacramento, ofrece o sacramento da penitencia coa
confesión individual e co testemuño dos confesionarios no Retiro de Madrid;
fomenta a reflexión e a oración persoal. Pon de manifesto a afirmación de que a
sagrada Liturxia ten que favorecer a vida espiritual e que a vida espiritual
ten que favorecer a vida litúrxica. No ecumenismo os pasos dados polo papa
emérito serviron para aproximarnos un pouco máis cos demais crentes: estivo en
Inglaterra, en Norte América, en Turquía, en Alemaña....
Moi ercano ao pobo español: estivo coas familias en Valencia, cos mozos en Cuatro
Vientos e foi peregrino en Compostela. Admirou a beleza e a harmonía do templo
da Sagrada Familia de Barcelona e augurou un futuro para Gaudí entre os santos canonizados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.