SOLEMNES VÍSPERAS DE SAN MARTIÑO DE TOURS
Ourense, 10 - XI - 2022
Rejas de Juan Bautista de Celma restauradas
Un ano máis achegámonos a Catedral Basílica de Ourense para celebrar a
festa do noso patrón san Martiño. As obras, pouco a pouco, vannos acendendo a
luz para contemplar a beleza do templo catedralicio. Ar reixas de Xoán Bautista
de Celma, restauradas de recén, ábrennos os ollos para comprender o acerto dos
nosos devanceiros cando deixaron despexada a nave central, aberta ao
presbiterio e ao monumental retablo maior de Cornelio de Holanda da seo de
Ourense. A fachada oeste, na que se abren as portas principais de templo e na
que se vai colocar unha vidreira en consonancia co parteluz da Catedral, empeza
a descubrir os seus repregues cheos de arte e finura románica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.