San Martiño de Tours
Día 11 de novembro de 2022
A Terra Galega foi evanxelizada por san Martiño de Dumio, que, por medio dos concilios de Braga e ca intercesión de san Martiño de Tours foi quen de achegarnos a relixión cristiá ás xentes romanizadas cultural e relixiosamente polos exércitos da Roma Imperial.
Dende o norte ao sur, dende o leste ao oeste, Ourense vai sinalado polo
icono da misericordia e da xenerosidade do seu patrón Martiño de Tours. O feito
de compartir a súa capa con pobre mendigo nas portas de Aquisgrán, define a
grandeza e o carácter do garda da corte imperial. Dende o Carballiño (Beariz,
Cameixa, Lago, Lamas e Sagra) e Ribadavia (Balde, Valongo e Zaparín), ata a
Baixa Limia (Arauxo e Grou) e a Limia (Abavides, Aguís, Borrán, Candás,
Castelaus, Porqueira e Rebordondo); dende Celanova (Berredo e Loiro), Allariz
(Pazó) e os Milagres (Nogueira de Betán, Pedrafita, Presqueira e Sacardebois),
ata Verín (A Mezquita e Mourazos) e os arciprestazgos de Ourense, Norte
(Cornoces, Gueral e Villarrubín), Leste (Moreiras, Nogueira de Ramuín e
Sabadelle) e Oeste (Alonos). Tódolos arciprestados, agás o de Ourense Sur,
festexan a san Martiño de Tours como titular de algunha das súas parroquias.
A liña pastoral marcada por Martín de Tours, xa fai 18 séculos, adiántase a
tódolos métodos de pastoral implantados na Igrexa ata os nosos días. Hoxe estamos recreando as
Unidades de Pastoral nas dioceses de España e tamén na de Ourense: sacerdotes
con un grupo de catequistas e laicos comprometidos para levar adiante a misión
evanxelizadora nunha parcela da Igrexa diocesana. Nin máis nin menos do que
facía san Martiño. Nos mosteiros creados por el mesmo agrupábanse os monxes,
que logo, despois de compartir vida, espiritualidade e formación humana e
intelectual, marchaban as parroquias que o mesmo san Martiño deseñará: divisións
territoriais con características similares e, por ilo, con métodos pastorais
parecidos. Neste ano, estreando as reixas de Bautista de Celma restauradas de
recén, participaremos na Eucaristía, presidida polo Sr. Bispo na Catedral e por
primeira vez en rito mozárabe.
Galería de Fotos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.