Xoves Santo na cea
do señor
Fai
tempo, nos nosos pobos, cando se escoitaban as campás anunciando o inicio do
triduo sacro, cesaba toda actividade agrícola e gandeira. Era tempo sagrado.
Toda a
atención do espírito debe centrarse nos misterios que se lembran na Misa: é
dicir, a institución da Eucaristía, a institución da orde sacerdotal e o
mandamento do Señor sobre a caridade fraterna; estes son os puntos que os fieis
deben lembrar para que tan grandes misterios penetren máis a fondo na súa
piedade e para que os vivan intensamente tanto nas súas costumes coma na súa
vida.
Con esta celebración comezamos o santo Triduo Pascual da paixón, morte e resurrección do Señor. Con esta misa a Igrexa quere que vexamos a indisoluble unidade da Eucaristía coa cruz. A Eucaristía é o sacramento do sacrificio redentor. A morte de Xesús no Calvario faise para nós próxima e efectiva na celebración desta Eucaristía. Hoxe destacan o amor e a actitude de servizo de Cristo, entregándose voluntariamente á súa paixón por nós; o que se entende hoxe sobre todo no rito do lavado dos pés. O acto máis importante na liturxia de hoxe é participar na misa comulgando. A procesión ao monumento e a posterior adoración, ata a media noite, prolongarán a contemplación do celebrado na misa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.