Visitas Guiadas

domingo, 10 de abril de 2022

Domingo de Ramos

Domingo de Ramos

Domingo de Ramos. Despois de dous anos de pandemia do covid 19, recuperamos a procesión de Ramos. A  procesión de ramos expresa de xeito sensible a nosa peregrinación  coresmal. Culminamos a subida a Xerusalén con Cristo para vivir con El a Pascua, quen, "recoñecido como home pola súa presenza, humillouse, fíxose.  obediente ata a morte e a morte de cruz". A liturxia de hoxe inclúe, pois, os dous polos do misterio pascual: o rexeitamento e a aceptación, a sombra e a luz, a morte e a vida. Da alegría da procesión pasamos á contemplación da Paixón de Cristo no Evanxeo. Estes dous polos atopan a súa expresión máis completa e perfecta na celebración da Eucaristía que, ao mesmo tempo que é sacrificio, é tamén un banquete festivo para os fillos de Deus.

Conmemórase a entrada do Señor na cidade santa, Xerusalén, e na nosa cidade coa procesión polas rúas de Ourense, desde o Parque de San Lázaro ata a Catedral Basílica de San Martiño, acompañando a Xesús, montado sobre a burriña, no medio do alborozo e rebumbio dos nenos e das persoas maiores, que aclaman ao Señor, cantando  “bendito o que ven no nome do Señor”. En tempos, pasados nos nosos pobos, os mozos e mozas buscaban os mellores ramos para lucir no domingo de ramos.

Galería de fotos:
































































No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.