Sínodo dos Bispos
2023
“Por unha Igrexa
Sinodal: comuñón, compartir, misión”
O domingo, día 10 de outubro, o papa Francisco acaba de celebrar a apertura do gran sínodo dos Bispos. Será unha viaxe sinodal de tres anos de duración, coa novidade da consulta ás igrexas locais e "a tódolos bautizados". Constará de tres fases ben diferenciadas: a fase diocesana, a fase continental e, finalmente, a fase universal. Deste xeito, este camiño culminará coa Asemblea Xeral Ordinaria do sínodo dos Bispos no 2023 en Roma. Nas Igrexas diocesanas celébrase a súa apertura neste domingo, día 17 de outubro, en Ourense, ás 17.00 horas, na S. I. Catedral.
Segundo o papa Francisco a sinodalidade implica a comuñón de tódolos
bautizados, compromete a participación corresponsable na marcha da Igrexa e,
inevitablemente, empuxa a misión, tanto ad extra como ad intra na Igrexa. Estes
tres eixos son fundamentais e precisan ser ben entendidos, esquecéndonos do que
se viña facendo ata agora. Ben é certo que a Igrexa é unha gran asemblea, unha
gran familia, pero non entendida como comunidade rexida polo sistema
democrático, cousa que nos levaría por outros vieiros non sinodais. "Correríamos o risco de transformar a Asemblea nun
parlamento, introducindo na Igrexa a lóxica da maioría ou da minoría"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.