SAN FRANCISCO DE ASÍS
Día 4 de octubre
Laudato sii, o mi Signore...
1. Y por todas tus criaturas, por el sol y por la luna,
las estrellas y los vientos, por el agua y por el fuego.
2. Por la hermana madre tierra, que alimenta y nos
sostiene, por los frutos, flores, hierba, por los montes y los mares.
3. Porque el fin de nuestra vida, es cantarte y alabarte,
y porque nuestra existencia, sea siempre un canto alegre.
Mañá, día 4 de outubro, celebramos a festa de san Francisco de Asís. "Loado sexas ti, meu Señor", cantou San Francisco de Asís. Nesa fermosa canción lembrounos que o noso fogar común, a terra tamén é como unha irmá coa que compartimos a nosa existencia e tamén é coma unha nai que nos acolle con tenrura: «Loado sexas ti, meu Señor, a través da nosa irmá, da nosa nai a terra, que nos sostén” cos froitos que nos da. Esta nosa irmá sofre e chora polos danos que lle causamos no uso e abuso irresponsables dos bens que Deus colocou nela. Crecemos pensando que somos os seus amos e gobernantes, autorizados a espoliar todo canto existe.
Pero o certo é que a violencia que existe no corazón,
ferido polo pecado, é a causante da enfermidade que aparece no chan, na auga,
no aire e en tódolos seres nos seres viventes. Esta nosa terra, oprimida e
devastada, "xeme e sofre as dores do parto" (Rm 8,22), segundo
palabras do Apóstolo Paulo.
Hai máis de cincuenta anos, cando o mundo se
bambeaba ao borde dunha crise nuclear, Xoán XXIII escribiu unha encíclica na
que nos propuña o don da paz para todos e tamén para o noso mundo (Pacem in terris, 1971).
Paulo VI dicíanos que debido a unha explotación inconsiderada da natureza, o
ser humano corría o risco de destruíla e de ser, á súa vez, vítima desta
degradación. Xoán Paulo II chamábanos a atención por "non percibir outros significados do medio natural, senón só aqueles que
serven ao propósito de uso e consumo inmediato". Bieito XVI pedíanos “eliminar as causas estruturais das
disfuncións da economía mundial e corrixir os patróns de crecemento que parecen
incapaces de garantir o respecto ao medio ambiente".
Esta, podemos dicir, é a doutrina da Igrexa que reclama de todos nós respecto,
amor solidariedade con todo canto existe. Estas achegas dos papas recollen a
reflexión de innumerables científicos, filósofos, teólogos e organizacións
sociais. Comprácenos saber que, tamén fóra da igrexa católica, outras igrexas e
comunidades cristiás - así como outras relixións – están a vivir idéntica preocupación.
O papa Francisco exhórtanos a aceptar "o
desafío urxente de protexer o noso fogar común na procura dun desenvolvemento sostible e integral”. Sabemos que as
cousas poden cambiar. Depende todo das nosas autoridades e de todos nós: coidar da casa común.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.