San Rosendo
28 - II - 2021
Fitos
importantes
e acentos para Igrexa do século XXI:
· S. Rosendo, Fillo de una nobre familia cristiá. A familia é peza imprescindible para transmitir a fe ós nenos e ós mozos: “As familias, transmisoras da fe”, rezaba o lema da visita do Papa, Benedicto XVI a Valencia.
·
S. Rosendo, un mozo do
seu tempo. A formación dos mozos e mozas, tamén a relixiosa, é deber ineludible das familias, que ten que
contar ca axuda das distintas institucións civís e relixiosas. A promoción
vocacional á vida sacerdotal e relixiosa e tarefa prioritaria e urxente da
pastoral da Igrexa.
·
S. Rosendo, un Bispo
pacificador. Os bispos e os sacerdotes ten a obriga de “facer da Igrexa a casa e a
escola da comuñón” na que todos nos sintamos a gusto e en boa harmonía.
·
S. Rosendo, un Bispo
Fundador. O Evanxeo en Europa levou a santidade a moitos dos seus fillos: “Todos
eles, coma ‘pedras vivas’, unidas a Cristo ‘pedra angular’, construíron Europa
como edificio espiritual e moral, deixando a posteridade a herdanza máis preciosa”.
Europa non sería Europa sen os santos fundadores.
·
S. Rosendo, un Bispo
Monxe.
Unha forte chamada a nosa Igrexa en Galicia para que tome conciencia da
importancia da vida relixiosa no pobo cristiá: monxes, relixiosos e persoas
consagradas. En verdade, en Galicia estamos vivindo momentos críticos no
referente ás vocacións a vida consagrada
·
S. Rosendo, un Bispo
Santo.
Santos son aqueles que dan confianza e permiten estar ó seu lado, dando ilusión
e moita esperanza. A san Rosendo podémoslle aplicar aquelas palabras de Xoán Paulo II: “só cando camiña na presencia
do Señor, o Bispo pode considerarse verdadeiramente ministro da comuñón e da
esperanza”.
Celanova canta a san Rosendo
Meu corazón, cela vella,
Tes as paredes hedrosas.
Rompendo a cantar estreas
Relampos de Celanova.
--------
A lingua enxerta no ar
Caraveis de arrecendo
Dunha roseira enxertada
No báculo de Rosendo
---------
Para a sementeira do lume
Teu devoto é gran de incenso,
Nube que rube pregando
Pola escadiña do ceo.
----------
Rumo de ceo sinala
Teu báculo san Rosendo
Galerías de Fotos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.