Xoves Santo, Día do
amor fraterno.
Semana Santa, semana
da humanidade en espera, na espera da Vida, na espera de Cristo Resucitado.
“Tomade e comede, isto é o meu corpo...”
“Facede isto en memoria de min”
“Amádevos uns a os outros como eu vos teño amado”
“Non vos deixarei sos; eu estarei convosco ata a fin do mundo”
Neste día a consagración do pan e máis do viño polo noso Señor refrescan a
nosa memoria e convídannos a acción de gracias que é a Eucaristía: “tomade e
comede, isto é o meu corpo”, “tomade e bebede, este é o cáliz do meu sangue”.
Vivimos tempos difíciles pola pandemia que nos afecta. Parécenos como si Deus,
xa canso, abandonase o noso mundo. Pero é só aparencia, pois o Señor, é fiel
sempre a palabra a prometida: “eu estarei convosco tódolos días ata a fin do
mundo”.
Neste día recordamos a institución do sacerdocio coas palabras do Señor:
“facede isto en memoria de min”. Os sacerdotes, o presbiterio diocesano,
estamos chamados a facer as veces do Señor. Sabemos que a tarefa non é doada;
facer as veces de Deus feito home non é posible. Sabemos a meta a que estamos
chamados, pero somos conscientes das nosas debilidades, como todo o mundo
coñece. A pesar de iso seguimos prestando o servicio da curación polos
sacramentos da santa Nai Igrexa. Posiblemente na peste de hoxe faltan San
Roques e San Martiños de Tours que compartan a vida cos máis infectados.
Neste día celebramos o día do amor fraterno. ¡Que fácil é hoxe comprender
isto! As 20 horas aplaudímoslle a os nosos sanitarios, ás forzas armadas, as
persoas que prestan os servicios máis necesarios no memento presente. As 12.00
horas soan as campás das igrexas para o rezo do Ánxelus en oración por tódolos
implicados na loita contra o coronavirus, vivos e defuntos.. E no transfundo, o
Señor: “amádevos uns a os outros, como eu vos teño amado”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.