Novena
ao Santo Cristo de Ourense
“Por
tu pasión y muerte en cruz, bendito Cristo de Ourense, ampáranos en la vida y
en la muerte”. Pidamos al Santo Cristo de Ourense por nuestras intenciones y
por las intenciones de toda la Iglesia (breve silencio).
Oración:
Oh
Dios, que quisiste que tu amantísimo Hijo sufriese por nosotros el suplicio de
la Cruz para arrojar de nosotros la tiranía del enemigo, concédenos a tus siervos,
conseguir la gracia de la Resurrección. Por Cristo Nuestro Señor. Amén
A novena ao Santo Cristo de Ourense celébrase, coma
tódolos anos, do 25 de abril ao 3 de maio; con misas a tódalas horas desde as
oito da mañá, coa novena e con confesións antes de cada misa. Ademais, o 3 de
maio, festa do Santo Crsito, celébrase unha misa ás once da mañá por tódolos
cofrades defuntos.
Para os devotos do Santo Cristo, que por moitas razóns non
poden estar presentes na Catedral, ofrecémoslle a posibilidade de seguir a
novena coa sintonía da Cadena SER, ás 13:00 do mediodía. Coa novena do Santo
Cristo celebramos a apertura das grandes novenas da cidade: Santo Cristo,
Fátima, María Auxiliadora, Santa Rita, San Bernabé, Corazón Eucarístico, Sagrado
Corazón ...
Os pobos máis próximos a cidade de Ourense, de Lugo, a
Coruña, Pontevedra e norte de Portugal, están recuperando a tradición de
visitar a capela do Santo Cristo nos días do súa novena. Hai moitos peregrinos
a Compostela que aproveitan estas datas para visitar a Catedral, o Pórtico do
Paraíso e, sobre todo, ao Santo Cristo na súa capela.
Cada ano que pasa a Catedral vaise embelecendo e
mellorando pouco a pouco para facerse máis acolledora e, coa nova iluminación,
mostrar o seu rico tesouro arquitectónico a todos os visitantes, turistas ou
devotos do Santo Cristo. Son os mesmos ourensáns os que se sorprenden da beleza
do templo catedraloicio, especialmente se xqa fai tempo que non lle facían unha
visita.
"Non busquedes fóra, o que tendes dentro",
dixeronlles uns turistas a un grupo de orensáns. E é certo; percorrer a capela
do Santo Cristo, sentarse a contemplar, visitar o baldaquino do Crsito, da Nai
Dolorosa e atoparse co Cristo do perdón, axuda a recuperar a paz, a
tranquilidade interior, o mesmo equilibrio psicolóxico, para logo camiñar pola
vida con optimismo e en comuñón cos irmáns.
Lembrámoslles a todos cofrades do Santo Crsitro que é o
momento oportuno para renovar a cofradía e de animar a outros para que se
animen a formar parte da gran familia dos devotos do Santo Cristo de Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.