SAN MARTIÑO DE TOURS
Facer memoria da historia sagrada da nosa Igrexa é xusto e necesario para
non deixarnos asoballar por tantas acusacións como se nos fan de pecado e de
falta de testemuño cristián. Temos que
tomar exemplo dos nosos santos, que viviron a virtude tantas veces en grado
heroico, e sempre en ben dos máis pobres e desfavorecidos. Existe unha narración de Gregorio de Tours (538-673),
que ven a dicir que a conversión dos suevos en Ourense debeuse a que San
Martiño de Tours curou milagrosamente ao fillo do rei suevo Carriarico e, en
pago da curación, nomeouno patrón tanto da Catedral coma da Diocese. O certo é
que, cando nace Martiño de Tours, no 317, aquí en Ourense viviamos no
período dos suevos (últimos de século IV
ata os primeiros o século VI). E non chegará a nosa terra a fama da súa
santidade ata que outro Martiño, neste caso San Martiño de Dumio, nos dera a
coñecer ao santo taumaturgo da Pannonia en Hungría. Ambolos dous eran paisano, anque este era dous séculos
posterior. Dende a curación milagrosa do
fillo do rei Carriarico tódolos
ourensáns convertéronse de aquela a
verdadeira fe cristiá. E tamén dende aquela, cada ano os ourensáns somos fieis
a celebración da festa do noso Patrón Martiño. Cando a Igrexa diocesana está a
celebrar o Sínodo na procura de unha nova evanxelización para a nosa terra, non
podemos menos de ollar ao pasado e aprender de San Martiño, evanxelizador das
terras galas, sen esquecer ao outro San Martiño de Braga, que foi quen de
evanxelizarnos aos galegos.
“Martiño,
eu son Xesús, a quen ti lle deches a metade da túa capa para que non pasara
frío”. A imaxe de Martiño, compartindo a capa co pobre mendigo, convértese
para todos nós en icono de misericordia e en modelo a imitar para tódolos
pastores da Igrexa. Traballou arreo pola evanxelización das terras de Tours;
congregou aos pobos en parroquias; creou comunidades para acoller aos
sacerdotes, que residirían en mosteiros, co gallo de asegurarlles unha
constante formación permanente con un clima axeitado para oración e a contemplación; e logo íaos
enviando a cada unha das zonas segundo as súas necesidades e posibilidades.
Galería de Fotos da celebración retransmitida pola 13 TV:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.