VISITA DE UNHA DIOCESE IRMÁ
Cincuenta e seis parroquias de Abeancos (zona de Melide), Lugo, visitaron a Catedral de Ourense no día das letras galegas. Celebraron a Eucaristía, presidida por D.Rodrigo Rúa e concelebrada por D. Manuel Mato e D. Francisco Moreiras. Eran ao redor de 300 persoas. Ademáis da celebración da Eucaritía, tiveron oportunidade de coñecer e visitar cada un dos rincóns da fermosa catedral de Ourense. Moitos aproveitaron para visitar ao Santo Cristo de Ourense, ao que tanta devoción lle teñen por esas terras. ¡Ben vidos a Ourense e que pasedes un día maravilloso de acordó co sol que nos alegra neste día!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.