Do 25 de abril ó 3 de maio ten lugar a novena do Santo Cristo de Ourense na
S.I.Catedral. Desde as 8 da mañá ata as 9 da noite está a súa capela aberta
para ofrecer a tódolos que queiran a posibilidade de particiñar na
Eucaristía, de rezar, de reflexionar, de
contemplar ou tamén de ler a Palabra de Deus e facer lectio divina, si este é o
seu desexo.
Ábside Catedral
Dentro do ano xubilar da misericordia e no 1700 aniversario de San martiño de
Tours, a Igrexa ofrécenos un tempo oportuno para contemplar os misterios da
paixón, morte e resurrección do Señor, e para renovar as promesas bautismais, facendo
posible que a divina misericordia chegue abudante ó noso corazón, nos
transforme y nos conceda a fortaleza necesaria para transmitila ós demáis.
“Pero obras son amores...”; no cumplimento das obras de misericordia, corporais e espirituais, temos o camiño máis
doado para ser misericordiosos como Deus é misericordioso con nós. Seguindo o
exemplo de San martiño de Tours, podemos facer opción de vida por Cristo,
esquecendo as propostas que o mundo nos ofrece e apostando por ideais máis
espirituais sempre en beneficio da Igrexa e dos iermáns que mailo precisan.
Rosetón capilla mayor.
A nosa Igrexa diocesana ben de apostar por a realización de un sínodo que
nos poña ó día no compromiso eclesial de evanxelizar á nosa terra co testemuño
da palabra e das obras. Comprobando
acotío que o mundo vai por un lado e a Igrexa e as súas institucións por outro,
temos que preguntarnos: ¿que nos está pasando?, ¿por que non nos encontramos?
Ós pes do Santo Cristo de Ourense revisemos a nosa vida de fe e aprendamos da
Cruz a lección da xenerosidade e do amor ós irmáns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.