Visitas Guiadas

martes, 10 de noviembre de 2015

Concierto de Órgano en la S. I. Catedral

CONCERTO DE ÓRGANO NA VÉSPERA DA FESTA DE SAN MARTIÑO DE TOURS

NOVEMBRO DE 2015.

Señoras e Señores:

Moi boas tardes á tódolos que estades accedendo a S. I. Catedral de Ourense. Graciñas por vir e, coma sempre, graciñas polo voso saber estar e por ser tan respectuosos con este espazo sagrado que hoxe poñemos a vosa disposición. ¡Que desfrutedes da música de órgano da nosa Catedral!

Un ano máis, da man dos Amigos da Catedral, témola posibilidade de ter connosco ó prestixioso músico Luis Dalda Gerona, catedrático do Conservatorio Superior de Música de Castela León. El fará delicias co gran órgano da nosa Catedral de Ourense de comenzos do século XX. Interpretaranos pezas de J. S. Bach; de F. Mendelssohn, J. Brahms e de Manuel Castillo.





O concerto de órgano coincide sempre na véspera de San Martiño. Neste ano imos celebrar o 1.700 aniversario do seu nacemento. Mañá, ás once e media da mañá,  é a súa apertura ca procesión e misa solemne.

Martiño foi soldado romano, convertido ó cristianismo; moi solidario cos máis pobres, compartiu con eles vestido e comida; deixou as armas, abrazou a vida monacal e, máis logo, foi ordenado bispo de Tours. A súa fama de santidade chega a tódalas partes. Tamén a Ourense, gracias a un veciño seu, San Martin de Dumio, verdadeiro evanxelizador do pobo Galego; este mandou traer as súas reliquias que curaron ó fillo do rei Carriarico, milagre que fixo que todos se converteran á fe verdadeira. Celebraremos este aniversario dos setecentos anos do seu nacemento e irémosvos informando das distintas actuacións ó longo do ano!  Mañá, ás once e media, solemne apertura.

¡Feliz audición e que san Martiño de Tours, patrón de esta Catedral e patrón da diocese de Ourense, interceda por nós dende o ceo! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.