domingo, 11 de febrero de 2018

Visita Pastoral del Sr. Obispo a la Santa Iglesia Catedral


Visita Pastoral

Domingo 6º Ordinario B.












O domingo, ás 11,45, o Sr. Bispo subirá ao templo pola porta principal; alí será recibido polo Cabido e polas autoridades da cidade. Bicará a Cruz procesional e recibirá a auga bendita, coa que nos bendicirá a tódolos presentes. En procesión visitará a capela do Santísimo e rezará  por breves momentos por tódolos seus fieis diocesanos.  O Bispo é o "ministro da gracia e do sacerdocio supremo": Non esquezamos que no mércores santo, na Misa Crismal, o Sr. Bispo consagra e bendí na S. I. Catedral os Santos Óleos que se espallarán por toda a diocese para a santificación sacramental de tódolos crentes.  “Chamados a ser santos, con tódolos que en calquera lugar invocan o nome de Xesús Cristo, noso Señor" (1 Cor 1,2).




Xa no presbiterio darémoslle a ben vida o Sr. Bispo, rezaremos por el e, de seguido, terá lugar a renovación, por catro anos, do Dean e Presidente e do Cabido e tamén do vicepresidente. O "goberno pastoral" correspóndelle ao Sr. Bispo. "O bispo, no exercicio do seu ministerio como pai e pastor dos seus fieis, debe comportarse como quen serve, sempre inspirado no exemplo do bo pastor, que non foi servido senón para servir e entregarlle vida para as ovellas”.















Logo seguirá a celebración da Santa Misa na que Bispo infundiranos alento e esperanza a todos os presentes, invitándonos a confiar en Cristo, o Salvador do Mundo.



































Coral de Santo Domingo

Coral de Santo Domingo
Coral de Santo Domingo













GALERÍA DE FOTOS:




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.