miércoles, 16 de agosto de 2017

Festividade de San Roque


"Roque Santo e Peregrino,

rogade por nós"





























Roque, Santo e Peregrino, é avogoso contra pestes e males. Nado no sur de Francia, alá polo século XIV, abandonando todo canto tiña para dárllelo á os pobres, marcha peregrinando a Roma. Pero en Italia encóntrase con una moi grande epidemia. Coma tódolos santos o primeiro que fai e dedicarse a curar e aliviar as penalidades dos apestados. Como acostuma pasar, fai pouco vímola cos misioneiros contaxiados polo évola, Roque contrae a enfermidade. Pasa algún tempo recluído el e mailo seu can; logo cura e a peste vai desaparecendo pouquiño a pouco. Pasado o tempo, Roque é recoñecido como o santo avogoso contra pestes e males en moitas cidades e pobos. Moitos buscan o seu patrocinio. Ourense, no século XVI sufriu una de esas epidemias. Os nosos gobernantes puxéronnos baixo o seu patrocinio, facendo votos de celebrar a súa festa tódolos anos. E nesas estamos: Consistorio e Cabido, e unha boa representación do pobo ourensán, celebramos á o noso santo patrón.

Altar de San Roque


Tódolos anos, na celebración da santa Misa, pedímoslle á o Santo que veña na nosa axuda e cure algunhas das nosas doenzas. A Igrexa pídelle a San Roque pola promoción vocacional a vida familiar cristiá, a vida sacerdotal e a vida consagrada. É a gran epidemia que queremos curar para poder facer unha nova evanxelización nas nosas terras. Pero hai que pedir como Deus manda: “a Deus rogando e co mazo dando”.

O anxo e o cadeliño custodiando a San Roque

O noso Concello tería que pedirlle a San Roque a vontade de poñerse de acordo en tres ou catro puntos para entre tódolos partidos sacar adiante a nosa cidade. Poñerse de acordo significa falar, escoitar, pactar, perder, gañar, e facer que sempre gañe a cidade. Pero San Roque vaino ter moi fácil neste ano: cada un pedirá unha cousa distinta e contraria a dos outros e, por iso, diralles: “póndevos de acordo e logo vinde ca vosa súplica”. E na mentres, a cidade perdendo un tempo precioso que nunca máis vai a recuperar.  “Líbranos de pestes e males, Roque santo e peregrino”.


GALERÍA DE FOTOS:





































Coral Coren Ourense

Coral Coren Ourense







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.